Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2018, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-02984-O-2017 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-02984-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presenten ou propoñan as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2018

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02984-O-2017

1666-DKM

María Nuria Nieto Prego

76898811J

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 19 %.

27.6.2017; 12.59; PO-510; 2,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

900 euros

PO-02985-O-2017

1666-DKM

María Nuria Nieto Prego

76898811J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

27.6.2017; 12.59; PO-510; 2,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-03526-O-2017

9087-CVG

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante-Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

28.8.2017; 12.42; PO-542; 5,802

Art. 141.25 LOTT

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03527-O-2017

9087-CVG

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

A realización de transportes públicos utilizando para a condución do vehículo os servizos dunha persoa que requira o certificado de condutor de terceiro país (non da UE), e carece deste.

28.8.2017; 12.53; PO-542; 5,802

Art. 141.9 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros