Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación pública para a contratación do proxecto de adecuación interior e eficiencia enerxética do pavillón multiusos da Xunqueira, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo de crecemento sustentable 2014-2020.

missing image file

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha taxa de cofinanciamento do 80 %, dentro do programa operativo Feder de crecemento sustentable 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado de Pontevedra, de conformidade coa Resolución do 12 de decembro de 2016 da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos do Ministerio de Facenda e Función Pública (BOE do 14 de decembro).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Télefono: 986 80 43 29. contratacion@pontevedra.eu. www.pontevedra.gal. Órgano de contratación: Xunta de Goberno local. Código NUTS: ES114.

2. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal. http://sede.pontevedra.gal.

3. Obxecto: adecuación interior e eficiencia enerxética do pavillón multiúsos da Xunqueira. Prazo execución: 5 meses. Plurianual: non.

4. Revisión prezos: non. Variantes: non.

5. Códigos CPV08: 45000000-7; 45210000-2; 45211350-7; 45215222-9.

6. Clasificación contractual preceptiva: grupo C, subgrupo 6-4 y categoría 4(e).

7. Procedemento e forma de adxudicación: aberto criterios dous tipos. Anexo II PCAP.

8. Orzamento base de licitación: 2.143.038,05 €. Existe crédito orzamentario preciso para atender as obrigacións económicas que deriven da contratación, con cargo á partida orzamentaria 2018-05.3420-63200. Este importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder de crecemento sustentable, 2014-2020.

9. Garantías: Provisional: non. Definitiva: si, 5 %.

10. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 do PCAP. Lugar: oficina de asistencia ao Rexistro do Concello de Pontevedra.

11. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido no prego.

A. Criterios cuantificados por xuízo de valor:

A.1. Incremento do prazo de garantía e plan de mantemento: de 0 a 20 puntos.

A.1.1. Prazo de garantía: 10 puntos.

A.1.2. Plan de mantemento: 10 puntos.

B. Criterios avaliables automaticamente por aplicación de fórmulas:

B.1. Oferta económica: de 0 a 40 puntos.

B.2. Oferta económica redución de prazo: de 0 a 20 puntos.

B.3. Oferta económica en relación as melloras das ofertas: de 0 a 15 puntos.

Mellora 1: pantallas LED deportivas: 2,5 puntos.

Mellora 2: cortinas divisorias motorizadas: 5 puntos.

Mellora 3: equipamento deportivo ximnasio: 7,5 puntos.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 21.4.2017)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda