Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2018, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R003/906/2015 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44, en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e co artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 de la citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o órgano arbitral unipersoal que se designou para tal efecto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante a unidade do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo), de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente número: 15R003/906/2015.

Interesada: María Álvara Pita Balsa.

NIF: 32600564L.

Acto notificado: laudo arbitral do 19.4.2017.

Expediente número: 15R003/907/2015.

Interesada: Marina Iglesias Bouza.

NIF: 32645975M.

Acto notificado: laudo arbitral do 19.4.2017.