Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos de portaría, control de acceso e información nos centros de distrito.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizo de Participación e Atención Cidadá. Número de expediente: 3.725-321.

2. Obxecto do contrato: a prestación dos servizos de portaría, control de acceso e atención ao público e ás entidades sen ánimo de lucro nos centros municipais de distrito dependentes do Servizo de Participación e Atención Cidadá.

Lugar de execución: concello de Vigo.

Prazo de execución: catro anos. Prórroga: dúas prórrogas, dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 649.157,82 euros. IVE para soportar pola Administración: 136.323,14 euros. Orzamento total: 785.480,96 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou estean en posesión da seguinte clasificación: grupo L, subgrupo 6 «Servizos de portaría, control de accesos e información ao público», categoría 2. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, ou estar en posesión da seguinte clasificación: grupo L, subgrupo 6 «Servizos de portaría, control de accesos e información ao público», categoría 2.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 22 de febreiro de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación