Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 249/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 249/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juana Vilma Chumpitaz Hernández contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o vinte e seis de decembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 50.034,51 euros en concepto de principal (salarios, vacacións, horas extra e nocturnas, 12.803,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 5.003,45 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza