Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5717

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2622/2017-PM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2622/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 140/2016 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrentes: Manuela Balboa Carbia, Eva María Vázquez Naveira, Antonio Vázquez Regueiro

Avogada: Cristina Estévez Pazos

Recorridos: Fogasa, Club Financiero Atlántico, S.A., Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., administración concursal de Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Mercedes Clarisa Rey Porras, José Manuel Rivas Gómez, José Enrique Sambad García, Jesús Javier Araujo Padin, Yolanda María Varela Vázquez

Avogados: letrado de Fogasa, José Carlos Bouza Fernández, Mariana Laura Bokser García, Cristina Estévez Pazos

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2622/2017 desta sección, seguido por instancia de Manuela Balboa Carbia, Eva María Vázquez Naveira, Antonio Vázquez Regueiro contra a empresa Fogasa, Club Financiero Atlántico, S.A., Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., administración concursal de Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A., Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., sobre outros dereitos laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Manuela Balboa Carbia, Eva María Vazquez Naveira e Antonio Vázquez Regueiro contra a sentenza ditada o 10 de febreiro de 2017 polo Xulgado do Social número 5 da Coruña en autos número 140/2016 sobre recoñecemento de dereitos contra Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. e administración concursal desta, representada por Juan José Juega Cuesta, e a empresa Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A, e Ministerio Fiscal, resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorporese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, dez de novembro de dous mil dezasete

A letrada da Administración de xustiza