Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5716

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade á convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha titulado/a superior en Química mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica con cargo ao proxecto denominado MADeTox.

No uso das facultades conferidas no artigo 8.2 da Lei 3/2004, do 7 de xuño (DOG nº 116, do 17 de xuño), que crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) como un ente de dereito público con personalidade xurídica propia e patrimonio de seu e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería do Mar,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, do proceso selectivo para a contratación temporal, dun/dunha titulado/a superior en Química (grupo I, categoría 3) mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica con cargo ao proxecto denominado Mellora analítica da detección de toxinas en moluscos bivalvos para maximizar o fluxo de traballo en sistemas de control-MADeTox, subvencionado pola Consellería do Mar.

As bases e condicións atópanse na páxina web de Intecmar http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias, e no seu taboleiro de anuncios.

Vilaxoán, 18 de xaneiro de 2018

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia