Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de ampliación de perímetro da autorización de explotación de recursos da sección A) Sete Pontes, número 36, situada no termo municipal de Moeche (A Coruña), promovido pola sociedade José No Martiñán e Hijos, Construcciones, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño) e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, a actualización do proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación do perímetro da explotación Sete Pontes nº 36, sita no termo municipal de Moeche, provincia da Coruña, promovida pola sociedade José No Martiñán e Hijos, S.A.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15071 A Coruña, ou no portal da devandita consellería: http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas

E formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, á cal está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao amparo do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 12 de decembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña