Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial dunha instalación eléctrica nos concellos de Láncara e Triacastela (expediente IN408A/2017/30).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación eléctrica que se describe a seguir:

Solicitude: as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial.

Solicitante: Inverólica de Abella, S.L.

Denominación: LAT 132 kV evacuación PE Montes de Abella modificado.

Orzamento de execución por contrata con IVE: 1.344.916,14 €.

Finalidade: evacuación da enerxía eléctrica producida no parque eólico Montes de Abella modificado.

Concellos afectados: Láncara e Triacastela (Lugo).

Características da liña aérea:

– Tensión máis elevada (kV): 145.

– Tensión nominal (kV): 132.

– Orixe: subestación do parque eólico Montes de Abella modificado.

– Fin: novo apoio no van entre os apoios nº 80 e nº 81 da LAT 132 kV sub. do Corgo-sub. de Triacastela.

– Lonxitude (m): 3.665.

– Condutor: LA180.

– Nº apoios/tipo: 21 metálicos en celosía.

– Nº de circuítos: 2.

– Nº de condutores por circuíto: 1.

– Nº de cables de terra: 1.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Proxecto de interese especial: o 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou de interese especial o proxecto desta instalación eléctrica, o que ten como efecto a tramitación de forma prioritaria, con carácter de urxencia, e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o proxecto sectorial e o documento de declaración de utilidade pública (a relación de bens e dereitos afectados).

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación de bens e dereitos afectados (RBDA) que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 15 días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados, e poden examinar toda a documentación na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) ou nos concellos de Láncara (avenida Rosalía de Castro, 17, 27360 A Pobra de San Xiao) e de Triacastela (praza da Deputación, 1, 27630 Triacastela).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados pola LAT 132 kV evacuación
PE Montes de Abella modificado

Propietario

Predio

Apoios

Servidume de voo

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Tipo de cultivo

Ocupación (m2)

Metros lineais

Superficie (m2)

Concello

Polígono

Parcela

1

Juan Viña Landín

Láncara

18

48

Alto da Forcela

Mato

100

86,6

2.546

2

Hdos. Mª Asunción Tallón López

María del Carmen Díaz Tallón

Concepción Díaz Tallón

María Pilar Díaz Tallón

Láncara

18

47

Alto da Forcela

Mato

100

147

4.279

3

Hdos. Mª Asunción Tallón López

María del Carmen Díaz Tallón

Concepción Díaz Tallón

María Pilar Díaz Tallón

Láncara

18

46

Alto da Forcela

Mato

109,5

3.316

4

Concello de Láncara

Láncara

18

9037

Alto da Forcela

Camiño

4,3

130

6

Hdos. Mª Asunción Tallón López

María del Carmen Díaz Tallón

Concepción Díaz Tallón

María Pilar Díaz Tallón

Láncara

18

347

Alto da Forcela

Mato

100

55

1.534

7

Juan Luis Viñas Landín

Láncara

18

906

Alto da Forcela

Mato

25

785

10

MVMC de Furco

Triacastela

8

415

Piqueira

Mato e labradío

300

490

15.329

11

Concello de Triacastela

Triacastela

8

9002

Piqueira

Camiño

3,8

196

12

MVMC de Santa Mariña do Monte

Triacastela

8

426

Labradiñas

Mato

20

576

13

MVMC das Encrucilladas e Arxileiro

MVMC de Santa Mariña do Monte

Triacastela

8

425

Labradiñas

Mato

194

8.996

14

MVMC de Santa Mariña do Monte

Triacastela

8

414

Piqueira

Mato e labradío

55

1.031

15

Concello de Triacastela

Triacastela

8

9001

Piqueira

Camiño

32,6

467

16

Concello de Triacastela

Triacastela

13

9001

Piqueira

Camiño

37

658

26

Concello de Triacastela

Triacastela

8

9019

Paraxe

Camiño

9,9

25,2

107

28

José Lago Castro

Triacastela

8

355

Paraxe

Mato

26

271

37

Concello de Triacastela

Triacastela

8

9023

Tras da Costa

Camiño

2,2

74

42

María Carmen Rodríguez Rodríguez

Triacastela

9

485

Bargado

Prado

40

389

43

María Carmen Rodríguez Rodríguez

Triacastela

9

486

Bargado

Prado

40

809

47

Fernando Cela Castro

Triacastela

9

471

Bouzas

Mato

18

564

60

José Manuel Carballo Santín

Triacastela

11

44

Arbuxan

Prado e mato

100

233

6.716

62

Sergio Rodríguez López

Triacastela

11

50

Espiño

Prado e mato

21,1

625

63

Carmen Rodríguez Rodríguez

Triacastela

11

51

Espiño

Prado

81,3

2.449

64

Carmen Rodríguez Rodríguez

Triacastela

11

52

Espiño

Prado

100

55,1

1.541

65

Concello de Triacastela

Triacastela

11

9001

Espiño

Camiño

2,8

85

66

Concello de Triacastela

Triacastela

11

9004

Espiño

Camiño

2,8

87

67

José Manuel Rubio Valcárcel

Triacastela

12

58

Espiño

Prado

39,7

1.152