Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de demasías da concesión de explotación Couso, número 6003.

A sociedade Caolines de Vimianzo, S.A.U., con domicilio en Cerbán, Castrelo, 19, Vimianzo (A Coruña), presentou ante a Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria da Coruña unha solicitude de demasías da concesión de explotación de recursos mineiros da sección C) denominada Couso, número 6003, de acordo co establecido na disposición transitoria sétima da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE número 176, do 24 de xullo) e en aplicación do artigo 5 do Real decreto 294/2016, do 15 de xullo, polo que se establece o procedemento para a xestión de dereitos mineiros e dos dereitos de dominio público de hidrocarburos afectados polo cambio do sistema xeodésico de referencia (BOE número 178, do 25 de xullo).

A designación do terreo en coordenadas xeográficas (ETRS 89) é a seguinte:

Punto

Lonxitude

Latitude

X UTM

Y UTM

Fuso

1

-9º 04’ 00’’

43º 03’ 40’’

494571.498

4767603.274

29

2

-9º 03’ 00’’

43º 03’ 40’’

495928.624

4767602.330

29

3

-9º 03’ 00’’

43º 03’ 20’’

495928.256

4766985.389

29

4

-9º 03’ 20’’

43º 03’ 20’’

495475.840

4766985.673

29

5

-9º 03’ 20’’

43º 03’ 00’’

495475.432

4766368.733

29

6

-9º 03’ 40’’

43º 03’ 00’’

495022.975

4766369.047

29

7

-9º 03’ 40’’

43º 02’ 20’’

495022.070

4765135.167

29

8

-9º 04’ 40’’

43º 02’ 20’’

493664,461

4765136.290

29

9

-9º 04’ 40’’

43º 03’ 00’’

493665.604

4766370.170

29

10

-9º 04’ 00’’

43º 03’ 00’’

494570.518

4766369.392

29

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta solicitude de demasías poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, A Coruña, e alegar por escrito todo o que consideren oportuno, segundo o establecido polo artigo 57 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto (BOE número 295, do 11 de decembro), e o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG número 109, do 6 de xuño). Terán para isto o prazo de trinta días, que comezarán a partir do día seguinte ao da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña