Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5304

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2017

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia.

21.11.2017

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020.

23.11.2017

200.000 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte.

29.11.2017

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i no ámbito do sector cárnico.

30.11.2017

Sen achega económica