Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5302

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se publican os convenios de colaboración que asinou esta axencia no terceiro cuadrimestre de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no terceiro cuadrimestre de 2017, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data
da sinatura

Achega

Agader e o Concello de Bóveda

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura rural no proxecto denominado Adaptación das antigas oficinas veterinarias das naves da feira de Rubián para local social

3.10.2017

60.000,00 €

Agader e o Concello da Cañiza

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura de apoio ao comercio de produtos agrarios (acondicionamento do antigo matadoiro para secadoiro de xamóns da Cañiza)

3.10.2017

122.186,56 €

Agader e o Concello de Cabanas

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura rural no proxecto denominado Mellora das infraestruturas de abastecemento de auga na Pedra do Couto

3.10.2017

37.852,89 €

Agader e o Concello de Rodeiro

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial denominado Ponte medieval (XII)

4.10.2017

26.000,00 €

Agader e o Concello de Vilarmaior

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial denominado Humanización do contorno da igrexa de Torres (s. XII)

3.10.2017

40.092,97 €

Agader e o Concello de Folgoso do Courel

Convenio de colaboración para a adquisición da curta Mouras (patrimonio inmaterial)

3.10.2017

3.000,00 €

Agader e o Concello da Estrada

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura rural no proxecto denominado Melloras no centro hípico do mercado de gando de Guimarei

2.10.2017

66.790,64 €

Agader e o Concello de Vila de Cruces

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial no proxecto denominado Recuperación e rehabilitación da ponte da Carixa (s. XII)

3.10.2017

100.000,00 €

Agader e o Concello do Bolo

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial no proxecto denominado Restauración de muíño (s. XIX)

4.10.2017

50.000,00 €

Agader e o Concello de Mesía

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial no proxecto denominado Humanización do contorno do Castelo de Mesía (s. XIV)

3.10.2017

35.264,82 €

Agader e o Concello de Cerdedo-Cotobade

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial denominado Ponte de paseo de San Lourenzo (s. XVI)

6.10.2017

15.000,00 €

Agader e o Concello de Cerdedo-Cotobade

Convenio de colaboración para a conservación do elemento patrimonial denominado Ponte de Almofrei (s. XVI)

6.10.2017

20.000,00 €

Agader e o Concello de Irixoa

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura rural no proxecto denominado Investimentos no aproveitamento veciñal de enerxías alternativas

5.10.2017

94.432,03 €

Agader e o Concello de Ordes

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura rural no proxecto denominado Reparación e humanización do contorno do local social de Poulo

9.9.2017

60.496,64 €

Agader e o Concello de Quiroga

Convenio de colaboración para a mellora dunha infraestrutura rural no proxecto Obra de acondicionamento e humanización dos espazos públicos rurais de Pacios de Mondelo e A Ribeira

3.10.2017

35.461,22 €

Agader e o Concello de Melide

Convenio de colaboración para rehabilitación de cuberta do mercado de gando (autorizado polo Consello da Xunta)

2.9.2017

192.663,98 €

Agader, a Consellería de Política Social e a Consellería do Medio Rural

Convenio para o desenvolvemento dun proxecto piloto de inserción sociolaboral no medio rural dirixido a persoas en risco de exclusión social no Concello de Ferrol

17.11.2017

149.999,82 €

Agader e a Asociación Montañas do Courel

Convenio para a concesión dunha subvención directa para a difusión, promoción e divulgación dos lugares de interese xeolóxico (Geosites) da candidatura a xeoparque mundial da Unesco Montañas do Courel: Montañas do Courel a vista de dron

4.11.2017

9.000 €