Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de asesoramento técnico especializado para a análise da evolución da sociedade da información en Galicia (expediente 2017/PA/0040).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de asesoramento técnico especializado para a análise da evolución da Sociedade da Información en Galicia.

Esta contratación dará soporte especializado ás dúas dimensións en que se configura o Osimga, tanto no seu carácter como sistema de información, como no seu carácter de órgano asesor.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 26.6.2017.

DOUE: 22.6.2017.

BOE: 4.7.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 411.480,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 171.450,00 €, máis 36.004,50 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 207.454,50 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15.11.2017.

b) Data de formalización do contrato: 28.12.2017.

c) Contratista: Instituto Sondaxe, S.L.

d) Importe de adxudicación: 181.427,40 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia