Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-552, punto quilométrico 10+600 a 13+800, de clave PO/17/140.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción MSV no contorno de TCA na estrada PO-552, p.q. 10+600 a 13+800, de clave PO/17/140.06. A área de actuación sitúase entre os p.q. 10+600 e 13+800 da estrada PO-552, pertencente á Rede primaria básica de estradas de Galicia, nos termos municipais de Nigrán e Baiona, na provincia de Pontevedra.

Este proxecto ten por obxecto a formulación das actuacións necesarias para reducir ou evitar a accidentalidade no treito referenciado.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Rehabilitación e adecuación das interseccións que pertencen ao treito considerado (p.q. 10+740, 11+500, 11+870, 11+920, 11+960, 12+100, 12+540 e 12+650).

– Creación dunha glorieta na intersección no p.q. 12+350 da PO-552, resolvendo a alta sinistralidade que se dá neste punto.

– Acondicionamento do firme en diversos puntos quilométricos (11+385-11+670 e 11+800-12+175, 13+200, 13+300 e 13+440), incluíndo unha nova sinalización horizontal.

– Proxéctanse beirarrúas de baldosa hidráulica ou morteiro de asento onde a beirarrúa existente sexa destas características.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Nigrán (praza da Constitución, s/n, 36350 Nigrán, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción
Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno
de TCA estrada PO-552, p.q. 10+600 a 13+800
Clave: PO/17/140.06

Concello de Nigrán.

Ref. catastral

Titular

Superficie a

expropiar (m2)

Clase

Uso do solo

1

5842513NG1654S0001OM

María Esther Valverde Dasilva

22

Urbano

Sen edificar

2

5839923NG1654S0001LM

En investigación, artigo 47 Lei 33/2003

20

Urbano

Sen edificar

3

54035A071000580000HP

David Estévez García

Manuel Estévez García

María Estévez García

105

Rústico

Agrario

4

5734008NG1653S0001MY

Herdeiros de Mª Marcelina Valverde Villar

96

Urbano

Residencial