Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento dun sistema de información analítico no ámbito do transporte público de viaxeiros, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0047).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación do servizo de desenvolvemento e implantación dun sistema de información analítico que dea satisfacción aos principais requirimentos de análise da información, reporting e explotación de datos dos principais ámbitos de información xestionados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no ámbito do transporte público de viaxeiros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 16.6.2017.

DOUE: 15.6.2017.

BOE: 27.6.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 309.917,36 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 309.917,36 €, máis 65.082,65 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 375.000,01 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.11.2017.

b) Data de formalización do contrato: 28.12.2017.

c) Contratista: ÁlamoConsulting, S.L.

d) Importe de adxudicación: 298.023,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia