Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 75/75 e tres máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 13 de decembro de 2017, figuran os seguintes acordos:

Monte de San Xil de Carballo (expediente 75/75), pertencente aos veciños do lugar de San Xil de Carballo da parroquia de Carballo, do concello de Samos, clasificado polo xurado con data do 25 de maio de 1976. Con data do 5 de xaneiro de 2017, tivo entrada escrito presentado por Jesús Sampaio Gómez, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data 22 de xuño de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de San Xil de Carballo (nº 2/17), e o monte queda cunha superficie de 282 hectáreas de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Zolle (expediente 24/75), pertencente aos veciños da parroquia de Zolle, do concello de Guntín, clasificado polo xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 30 de novembro de 2016, tivo entrada escrito presentado por José Manuel Vázquez Blanco, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 14 de xullo de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Zolle (nº 38/16), e o monte queda cunha superficie de 226,6 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Carboeiro, Coto, Covas, Rapatoso e Outeiro (expediente 13/78), pertencente aos veciños da parroquia de Santo Estevo de Folgosa, do concello do Corgo, e monte Caxigal de Santo Estevo (expediente 14/78), pertencente aos veciños do lugar de Santo Estevo, da parroquia de Santo Estevo de Folgosa, do concello do Corgo, ambos clasificados polo xurado con data do 30 de outubro de 1978. Con data do 3 de febreiro de 2017, tivo entrada escrito presentado por Julio Aldegunde Rey, como representante da comunidade de Santo Estevo de Folgosa, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta, en concreto, para adaptar á realidade a parcela denominada Outeiro. Con data do 11 de xullo de 2017, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para os montes (nº 7/17), comprobando que se solicita a incorporación da parcela 95 do polígono 70 que é a que realmente se corresponde co monte denominado Outeiro, e que, por erro, foi incorporado á cartografía do monte Caxigal, cando claramente está recollido no expediente do monte Carboeiro, Coto, Covas, Rapatoso e Outeiro, e as superficies de clasificación son acordes con este criterio, xa que unha vez incorporado a este monte de Carboeiro, quedaría cunha superficie similar á recollida na carpeta-ficha do monte e o mesmo sucedería co de Caxigal. Como consecuencia, o monte Carboeiro, Coto, Covas, Rapatoso e Outeiro queda cunha superficie de 119 hectáreas e Caxigal de Santo Estevo, cunha superficie de 9 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación dos esbozos aos expedientes, e constancia no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícanse os devanditos acordos.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no punto 3 da disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 2 de xaneiro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo