Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial do monte veciñal en man común Ferreira, Matei e A Cal con propiedades particulares, no concello de Guntín.

Para os efectos previstos no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2017, tomou o seguinte acordo:

Monte de Ferreira (expediente 147/75), pertencente aos veciños de Ferreira, Matei e A Cal, da parroquia de Ferreira, do concello de Guntín, clasificado polo Xurado con data do 14 de decembro de 1976. Con data do 22 de xuño de 2016 ten rexistro de entrada unha proposta de deslindamento entre o monte veciñal en man común e as propiedades particulares. Unha vez seguidos os trámites do devandito deslindamento, o Servizo de Montes emite un informe con data do 7 de agosto de 2017, para os efectos do disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012 de montes de Galicia, no cal se describen as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento, co cal o monte de Ferreira queda cunha superficie de 147,78 hectáreas. Xuntan cartografía resultante. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións no expediente.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 2 de xaneiro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo