Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (113/2017).

Procedemento ordinario 113/2017

Sobre ordinario

Demandante: José Ignacio Lavandera Rodríguez

Avogado: Severino Potel Calvo

Demandados: Escenarent, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado/a: letrado de Fogasa

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 113/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ignacio Lavandera Rodríguez contra a empresa Escenarent, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza con data do 30.11.2017 contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que debe anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación, quedando á disposición de Escenarent, S.L.U. na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escenarent, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza