Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (348/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 348/2016 deste xulgado do social, seguidos a instancia de Laura Mónica Vázquez Rodríguez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou, con data do 29 de novembro de 2017, sentenza que queda á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza