Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (617/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 617/2015 por instancia de Mutua Gallega, contra a empresa Pesquerías Playa de Fontán, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 4.12.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Mutua Gallega fronte á empresa Pesquerías Playa de Fontán, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña e, en consecuencia, condénase a empresa Pesquerías Playa de Fontán, S.L. a aboar a Mutua Gallega, como responsable directa, a cantidade de catro mil trescentos oitenta e sete euros con oitenta e catro céntimos de euro (4.387,84 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo para o caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pesquerías Playa de Fontán, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

A secretaria xudicial