Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (559/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 559/2017 por instancia de Manuel Guillermo Álvarez Bustelo contra a empresa Transneusy, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 5.12.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Manuel Guillermo Álvarez Bustelo fronte á empresa Transneusy, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Manuel Guillermo Álvarez Bustelo efectuado pola empresa Transneusy, S.L. o 27 de decembro de 2016.

– Condénase a empresa Transneusy, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.239,96 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 42,87 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transneusy, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

A secretaria xudicial