Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4737

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 532/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 532/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Montes Feito contra Input Output Friends, S.L.U., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza número 600/2017.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de conceptos salariais) baixo o número 532/2016, nas que é parte demandante Daniel Montes Feito, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Sánchez, e son partes codemandadas a mercantil Imput Ouput Friends, S.L.U., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo, a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do Rei veño ditar a presente con base nos seguintes

Decido.

Que debo estimar parcialmente e admito parcialmente (por desestimarse a petición de sanción por mala fe ou temeridade á contraparte e desestimarse, así mesmo, a imposición de custas á contraparte) a demanda presentada por Daniel Montes Feito, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Sánchez, fronte á empresa Input Ouput Friends, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar ao traballador demandante a cantidade de 7.819,77 euros en concepto de nóminas e diferenzas salariais percibidos todos estes conceptos nos meses desde o mes de marzo do ano 2015 ao mes de maio do ano 2016 + parte proporcional das vacacións percibidas e non gozadas no ano 2016 ata o día 2 de maio de 2016 segundo a desagregación detallada do feito probado terceiro da presente + o xuro do 10 % sobre o total do principal agora debido por demora no pagamento de salario ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en relación coa definición do artigo 26 do mesmo Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que acade ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación a presentar no prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte ao de notificación da presente, de acordo co sensu contrario do disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social, dentro dos límites exixidos polo artigo 190 da LRXS, os seguintes e os concordantes do mesmo texto legal e previa consignación legalmente fixada na Conta de Depósitos deste xulgado habilitada para tal efecto.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Input Output Friends, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza