Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4702

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (DOG nº 237, do 15 de decembro), convocouse un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

A base IV da convocatoria establece que «unha vez rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo».

Durante este prazo as persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados na resolución de convocatoria, aos cales se lles engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Concurso de traslados>.

Entenderase que renuncian a participar no concurso todas aquelas persoas que, tendo presentado unha solicitude de participación, non presenten a correspondente solicitude de elección de postos de traballo.

Pola súa banda, a base VI da convocatoria do concurso describe o procedemento que se deberá seguir para a xustificación dos méritos e requisitos e especifica que estes deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso, concretamente o día 12 de xaneiro de 2018.

Os prazos habilitados para a presentación das solicitudes de participación e a xustificación dos méritos e requisitos comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e concrétanse no seguinte cadro resumo:

Descrición

Prazo

Período

Observacións

Presentación das solicitudes de elección de postos

15 días hábiles

Desde o 23 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2018

Base IV da convocatoria do concurso

Xustificación de méritos: conformidade cos datos

15 días hábiles

Desde o 23 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2018

Base VI.2 da convocatoria do concurso

Xustificación de méritos: desconformidade cos datos. Expedición do certificado

20 días hábiles

Desde o 23 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2018

Base VI.2 da convocatoria do concurso

Xustificación de méritos: desconformidade cos datos. Presentación do certificado

25 días hábiles

Desde o 23 de xaneiro ata o 26 de febreiro de 2018

Base VI.2 da convocatoria do concurso

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública