Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (DOG nº 237, do 15 de decembro), convocouse un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.
A base IV da convocatoria establece que «unha vez rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo».
Durante este prazo as persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados na resolución de convocatoria, aos cales se lles engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Concurso de traslados>.
Entenderase que renuncian a participar no concurso todas aquelas persoas que, tendo presentado unha solicitude de participación, non presenten a correspondente solicitude de elección de postos de traballo.
Pola súa banda, a base VI da convocatoria do concurso describe o procedemento que se deberá seguir para a xustificación dos méritos e requisitos e especifica que estes deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso, concretamente o día 12 de xaneiro de 2018.
Os prazos habilitados para a presentación das solicitudes de participación e a xustificación dos méritos e requisitos comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e concrétanse no seguinte cadro resumo:
Descrición |
Prazo |
Período |
Observacións |
Presentación das solicitudes de elección de postos |
15 días hábiles |
Desde o 23 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2018 |
Base IV da convocatoria do concurso |
Xustificación de méritos: conformidade cos datos |
15 días hábiles |
Desde o 23 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2018 |
Base VI.2 da convocatoria do concurso |
Xustificación de méritos: desconformidade cos datos. Expedición do certificado |
20 días hábiles |
Desde o 23 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2018 |
Base VI.2 da convocatoria do concurso |
Xustificación de méritos: desconformidade cos datos. Presentación do certificado |
25 días hábiles |
Desde o 23 de xaneiro ata o 26 de febreiro de 2018 |
Base VI.2 da convocatoria do concurso |
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública