Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4003

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola Axencia

Data da sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no xeodestino Costa da Morte

_

26.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Guarda para a realización do proxecto Porta do Tegra, no monte de Santa Tegra

200.000 € (12.705 € para a anualidade 2017 e 187.295 € para a anualidade 2018)

1.9.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Axencia Turismo de Galicia, a Secretaría Xeral de Presidencia e o Concello de Salvaterra de Miño para a realización do proxecto Museo da Enoloxía do Condado do Tea (Centro de Interpretación do Viño)

Sen achega económica

26.9.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo para a realización de actividades de promoción do turismo

Sen achega económica

14.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Centro Galego de Barcelona para rehabilitación de espazos e posta en funcionamento dun punto informativo

347.766,51 € (243.498,99 € para a anualidade 2017, 52.133,76 € para a anualidade 2018 e 52.133,76 € para a anualidade 2019)

15.9.2017

Addenda ao convenio e colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Centro Galego de Barcelona para rehabilitación de espazos e posta en funcionamento dun punto informativo

Sen achega económica

20.10.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz-Balneario, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño para a realización de actividades de promoción e información turística no xeodestino Condado-Paradanta

30.000 €

15.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Pobra de Trives para interpretación e posta en valor de recursos patrimoniais e culturais da rede de sendeiros e do núcleo urbano facendo uso intensivo das TIC

36.401,64 €

19.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para o estudo e investigación dos encintados na Ribeira Sacra

41.760,43 €

14.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Santa Comba para mellora dos accesos á fervenza de Castriz

59.313,17 €

11.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para instalación de miradoiros interpretativos e sinalización turística no concello

33.725,50 €

11.9.2017

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ourense para a realización de melloras na oficina de turismo de Ourense

35.000 €

11.10.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ourense para a realización de melloras na oficina de turismo de Ourense.

Sen achega económica

14.11.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Sociedade Española da Camelia para a realización de actividades de promoción e información da ruta da Camelia

30.370 €

3.10.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo na Ribeira Sacra

Sen achega económica

26.9.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Maceda para a colocación dunha varanda na muralla do castelo de Maceda

21.000 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para a mellora do acceso á rúa da igrexa en Vilaza

30.898,78

2.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Muxía para mellora e acondicionamento do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo Concello de Muxía

86.456,68 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Dumbría para mellora e acondicionamento do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo Concello de Dumbría

121.625,36 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ames para mellora e acondicionamento do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo Concello de Ames

47.796,36 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Negreira para mellora e acondicionamento do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo Concello de Negreira

56.545,30 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Fisterra para mellora e acondicionamento do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso polo Concello de Fisterra

16.403,80 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Padrenda para a mellora do acceso ao miradoiro da Quinta e a ruta de sendeirismo do río Gorgua

59.895 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Instituto Enerxético de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello da Veiga para a realización do proxecto Construción do observatorio astronómico na Veiga

325.928 € (25.000 € para a anualidade 2017 e 300.928 € para a anualidade 2018)

17.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lobeira para acondicionamento e mellora da área recreativa dos Chaos

51.000 €

3.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Cañiza para acondicionamento interior do núcleo da Franqueira

137.834,42 € (68.917,21 € para a anualidade 2017 e 68.917,21 € para a anualidade 2018)

26.10.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela para a realización dun concerto na catedral dirixido por Carlos Núñez – Cantigas: Tradición medieval

106.313,15 €

2.11.2017

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e The London Institute, S.L. para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes de Turismo de Galicia

Sen achega económica

5.12.2017