Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4000

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, tramitado como expediente anticipado de gasto.

BDNS (Identif:): 381281.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas segundo dispón o artigo 46 do Regulamento UE 508/2014.

Para os efectos desta orde, considéranse empresa acuícola as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia, así como as que establezan novos centros en Galicia.

As axudas correspondentes ás modalidades A e B están dirixidas ás empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas segundo a definición de peme da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, así como as que non teñan esa consideración (grandes empresas).

As axudas correspondentes á modalidade C unicamente están dirixidas ás empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas.

Segundo. Finalidade

Esta orde, con código de procedemento PE205F, ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas ás seguintes accións:

1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a continuación se detallan, que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48 (letras: a, b, c, d, f, h) do Regulamento UE 508/2014):

a) Investimentos produtivos na acuicultura.

b) Diversificar a produción acuícola e as especies cultivadas.

c) Modernizar os centros acuícolas.

d) Melloras e modernización relacionadas coa saúde e o benestar dos animais, incluída a adquisición de equipamentos destinados a protexer as explotacións dos predadores salvaxes.

e) Investimentos na mellora da calidade do produto acuícola ou para incrementar o seu valor.

f) Diversificar os ingresos das empresas acuícolas mediante o desenvolvemento de actividades complementarias.

2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables (artigo 48 letra k) do Regulamento UE 508/2014).

3. Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento (artigo 49 letra b) do Regulamento UE 508/2014).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, tramitado como expediente anticipado de gasto.

Cuarto. Importe

As axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que figuran no cadro que se insire dotadas no proxecto de orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2018 e 2019. Os importes máximos das subvencións que se concedan nos ditos exercicios orzamentarios ascenderán ás seguintes contías:

Aplicación orzamentaria

Modalidade de axuda

Ano 2018

Ano 2019

Total

14.02.723A.772.2

Modalidade A

9.800.000,00 €

8.000.000,00 €

17.800.000,00 €

14.02.723A.772.5

Modalidade B

390.000,00 €

400.000,00 €

790.000,00 €

14.02.723A.772.6

Modalidade C

45.000,00 €

50.000,00 €

95.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar