Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1224/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1224/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Alén Núñez contra Eulen Servicios Sociosanitarios Generales, S.A., Galicia Saudade, S.L., Concello de Arteixo, administración concursal de Galicia Saudade, S.L., OHL Servicios Ingesan, S.A.U., Jaime Juncal Iglesias, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Jesús Iglesias Lira, Francisco Javier Castro López, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Reforzo:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 1224/2013

Demandante: Josefa Alén Núñez

Letrado: Sr. López Pérez

Demandados:

– Eulen Servicios Sociosanitarios Generales, S.A.

Letrado: Sr. Orantes Canales

– Galicia Saudade, S.L.

Letrado:

– Administrador Concursal de Galicia Saudade, S.L.

José Ignacio Losada Castillo -non comparece-

Jaime Juncal Iglesias; Jesús Iglesias Lira; Francisco Javier Castro López

Letrado:

– Concello de Arteixo

Letrada: Sra. Villafañe Verdejo

– Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U.

Letrada: Sra. Lago Carollo

Fogasa

Letrado:

Sentenza 508/2017

A Coruña, 2 de outubro de 2017

Decisión:

1º. Estimo a demanda formulada por Josefa Alén Núñez fronte a Galicia Saudade, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboarlle á primeira a suma de 4.117,36 euros en concepto de salarios, gastos de quilometraxe e vacacións devindicadas e non satisfeitas, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2º. Desestimo a demanda formulada por Josefa Alén Núñez fronte a Eulen Servicios Sociosanitarios Generales, S.A., Concello de Arteixo, Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U., Jaime Juncal Iglesias, Jesús Iglesias Lira e Francisco Javier Castro López e, en consecuencia, absólvoos de todos os pedimentos dirixidos fronte a eles.

A administración concursal da empresa Galicia Saudades debe pasar polo resolto na presente resolución, o mesmo que o Fogasa, cuxa responsabilidade, se é o caso, virá dada polos límites legais fixados.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Jesús Iglesias Lira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza