Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución ditada no expediente disciplinario 1/17-2/17.

Con data do 27 de decembro de 2017, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade ditou resolución no expediente disciplinario instruído a Celia Sarmiento Herráez.

Segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse practicar a notificación da citada resolución no lugar indicado pola interesada para os efectos de notificacións sen que esta se puidese facer efectiva.

Polo exposto, esta secretaría xeral técnica, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, en virtude deste anuncio, notifica a Resolución do 27 de decembro de 2017.

Para coñecer o texto íntegro da resolución, Celia Sarmiento Herráez poderá recoller a notificación da citada resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, sita no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, entenderase efectuada a notificación para todos os efectos.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a notificación da resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, segundo o que establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade