Con data do 21 de novembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra, ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2017330AL-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Vinicius da Barrosa, S.L., con NIF B36438315, como titular do establecemento Bar O Charco.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Vinicius da Barrosa, S.L., como titular do establecemento Bar O Charco, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.
Tamén, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación o interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 18 de decembro de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2017330AL-PO.
Denunciada: Vinicius da Barrosa, S.L., con NIF B36438315, como titular do establecemento Bar O Charco.
Último enderezo coñecido: rúa Santa Catalina, núm. 4, Portonovo, 36970 Sanxenxo.
Feito imputado: unha infracción en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos:
Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria:
1. En todas as etapas da produción, transformación e distribución deberá asegurarse a rastrexabilidade dos alimentos, [...].
4. [...] os alimentos comercializados deberán estar adecuadamente etiquetados ou identificados para facilitar a súa rastrexabilidade mediante documentación ou información pertinentes [...]”.
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).