Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato suxeito a regulación harmonizada da subministración, instalación e posta en marcha de novas tecnoloxías nos centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade, de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo 2014-2020, tramitación documentalmente simplificada (expediente PA 21-2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa, por procedemento aberto, da subministración, instalación e posta en marcha de novas tecnoloxías nos centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade, de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 21-2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=167832

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en marcha de novas tecnoloxías nos centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade, de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia.

c) CPV: 30210000 (máquinas procesadoras de datos), 30230000 (equipo relacionado con la informática), 48900000 (paquetes de software e sistemas informáticos diversos).

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15 de xuño de 2017.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 711.370,49 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 14.12.2017.

b) Contratista: Electrónica Noroeste Servicios Generales SG, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 590.437,51 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social