Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3806

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de rectificación do Plan xeral de ordenación urbana (uso de oficinas).

O Pleno municipal adoptou, na sesión ordinaria do 8 de xaneiro de 2018, o acordo que na parte dispositiva di o seguinte:

«Primeiro. Rectificar o erro do PXOU de Chantada, consistente na omisión do “uso de oficinas” nas ordenanzas do PXOU para o solo urbano.

Segundo. Proceder para a rectificación dese erro a unha tramitación acorde coas competencias e exposición pública para a aprobación dun plan xeral de ordenación: acordo inicial polo Pleno, información pública polo prazo de dous meses, aprobación provisoria polo Pleno e aprobación definitiva pola Consellería da Xunta de Galicia competente en materia de urbanismo.

Terceiro. Someter a información pública este acordo inicial polo prazo de dous meses, de acordo co establecido no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como no Boletín Oficial da provincia, na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello».

O período de información pública que figura no punto segundo do acordo comezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Chantada, 9 de xaneiro de 2018

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde