Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións no núcleo do Ézaro.

O Pleno do Concello en sesión do 4.1.2018 aprobou inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións no núcleo do Ézaro redactado polo equipo redactor (Estudio Técnico Gallego, S.A.) asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez, integrado por memoria informativa, memoria xustificativa, relación de terreos afectados polo plan especial, normas técnicas aplicables aos proxectos, avaliación económica e planos de documento de aprobación inicial nos termos que constan no expediente.

O expediente exponse ao público por prazo de dous meses contados desde a última públicación no Diario Oficial da Galicia ou no xornal, para efectos de exame e reclamacións.

Dumbría, 10 de xaneiro de 2018

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde