Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2018 Páx. 3802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo para a posta en órbita dun nanosatélite tipo Cubesat de 2U (Lume-1) (expediente 332/17).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 332/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo para a posta en órbita dun nanosatélite tipo Cubesat de 2U (Lume 1). Actuación financiada por Interreg Sudoe (identificador do proxecto: FIRE SOE1/P4/E0437).

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Campus de Vigo (As Lagoas-Marcosende).

e) Prazo de execución: 255 días naturais. Os prazos parciais establécense no número 8 da folla de resumo de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 6051000-6 - Servizo de lanzamento de satélites.

h) CPA: 30.30.4 - Naves espaciais (incluídos os satélites) vehículos para o seu lanzamento.

3. Tramitación y procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 de la folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 45 puntos.

• Calidade da oferta técnica (criterio sometido a xuízo de valor): 55 puntos.

4. Importe de licitación: 150.000 euros.

5. Gasto máximo autorizado (IVE incluído): 181.500 euros.

6. Valor estimado do contrato: 150.000 euros.

7. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica respectivamente nos números 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares, de ser o caso.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, andar baixo. Praza de Erasmus, s/n Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmus s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 4 de xaneiro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo