Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3269

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 19 de decembro 2017 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto.

BDNS (identif:): 380922.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as confrarías de pescadores de Galicia que desenvolvan un proxecto colectivo que teña por obxecto modernizar as infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque ou das lonxas, para mellorar a seguridade e as condicións de traballo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras xerais para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto.

Tamén é obxecto desta orde a convocatoria das axudas para o ano 2018 de acordo coas bases reguladoras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2018 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP), para a modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e das lonxas, que melloren as condicións de traballo e a seguridade das persoas, tramitadas como expediente anticipado de gasto.

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2018 alcanza o importe de oitocentos cincuenta e tres mil catrocentos cincuenta e tres euros (853.453 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar