Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de decembro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación 7/2016 e un máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2017 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Carlos Vázquez Díaz, Josefina Pereira de la Riera, Antonio José López-Acuña Herrero e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou as resolucións de non clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

– Expediente número 7/2016.

Nome: Amido (ampliación).

Parroquia: Prevesos.

Concello: Castro de Rei.

– Expediente número 15/2016.

Nome: Bosque, Serra Lagüela, O Gandarón e Cabaleirón (ampliación).

Parroquias: Andreade, Barán e Vilaragunte.

Concello: Paradela.

Contra estas resolucións, desde o día seguinte ao da súa publicación, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 21 de decembro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo