Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 22 de decembro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as incoacións por infracción en materia de turismo do expediente sancionador OU-S-64/2017 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro) notifícaselle aos titulares que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador, OU-S-64/2017 e un máis, xa que, intentada polo medio habitual, non se puido practicar.

Neste mesmo acto designouse instructor do expediente a Manuel Ledo Quintas. Os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle ao xefe da Área Provincial de Ourense, da Axencia Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle que de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, informáse a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Ourense, 22 de decembro de 2017

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-64/2017.

Titular sancionado: David Formoso Ramos.

Establecemento: Villafanta.

Domicilio: Casmartiño, 7.

Localidade: O Pereiro de Aguiar.

Incoación: 23 de novembro de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 2.000,00 euros.

Expediente: OU-S-69/2017.

Titular sancionado: Fernanda Feitosa Ramos.

Establecemento: Río Rita.

Domicilio: Muralla, 28.

Localidade: Verín.

Incoación: 28 de novembro de 2017.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 200,00 euros.