Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2692

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (345/2016).

Demandante: Rocío Lamas Álvarez

Procurador: Justo Alfonso Fernández Expósito

Avogado: Jairo Cabado Balseiro

Demandado: Mweti Sa Lutero

Eu, Raimundo Díaz Valcarce, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei de axuizamento civil (LAC), por este edicto se lle notifica o extracto da Sentenza do 9 de novembro de 2017 a Mweti Sa Lutero, quen se encontra en paradoiro descoñecido, mediante a inserción do encabezamento, a parte dispositiva e o modo de impugnación desta:

«Sentenza nº 83

En Mondoñedo, 9 de novembro de 2017.

Vistos por Ana Mª Bande Ramudo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, os presentes autos de xuízo sobre garda, custodia e alimentos, seguidos ante este xulgado baixo o número 345 do ano 2016, por instancia de Rocío Lamas Álvarez, representada polo procurador Fernández Expósito e asistida polo letrado Cabado Balseiro, contra Mweti Sa Lutero, declarado en situación procesual de rebeldía, e nos cales intervén o Ministerio Fiscal.

Resolvo:

Estimar a demanda interposta por Rocío Lamas Álvarez contra Mweti Sa Lutero. Acórdase:

– O fillo, Nimai Lamas Lutero, queda baixo a garda e custodia da nai, Rocío Lamas Álvarez, y baixo a patria potestade de ambos os proxenitores.

– O pai, Mweti Sa Lutero, poderá estar co seu fillo Nimai todos os días que queira, das 16.00 ás 20.00 horas, pero un máximo de dous días consecutivos, sen pernoitas e tendo que mediar cinco días entre cada período. Deberá existir un aviso previo de dez días naturais entre a notificación e o comezo do período de visitas.

– O pai, Mweti Sa Lutero, contribuirá aos alimentos do menor na cantidade de 150 euros mensuais, cantidade que deberá ingresar na conta que designe Rocío Lamas Álvarez nos cinco primeiros días de cada mes. A dita cantidade actualizarase anualmente de acordo co índice xeral de prezos de consumo.

– Os gastos extraordinarios do menor serán satisfeitos por metade e por partes iguais por ambos os proxenitores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, de ser o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado, dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado e a súa admisión condicionarase a esta consignación.

A maxistrada xuíza O letrado da Administración de xustiza»

Mondoñedo, 15 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza