De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188068
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 149, do 7 de agosto de 2017. DOUE núm. 2017/S 148-307488, do 4 de agosto de 2017. BOE núm. 197, do 18 de agosto de 2017.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración, suxeita a regulación harmonizada.
b) Descrición: subministración da fabricación e instalación do proxecto expositivo do Museo do Viño de Galicia, en Santo André de Camporredondo, Ribadavia (Ourense), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 589.786,40 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data da adxudicación: 17 de novembro de 2017.
b) Data da formalización do contrato: 18 de decembro de 2017.
c) Contratista: Interiores Galicia, S.L. (Intega).
d) Importe de adxudicación: 419.840,70 €, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria