Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, anticipado de gasto, da contratación documentalmente simplificada do servizo de seguridade e vixilancia no Centro Galego de Arte Contemporánea (expediente CU-CGAC/17-SE).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Cultura, Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Número de expediente: CU/CGAC/17-SE.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de seguridade e vixilancia no Centro Galego Arte Contemporánea.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: no Centro Galego de Arte Contemporánea.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: máximo dun ano.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria/anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo: 227.113,28 euros (IVE excluído). IVE: 47.693,79 euros. Importe total: 274.807,07 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación da empresa: non é obrigatoria. Grupo M, subgrupo 2, categoría 2, ou ben no grupo M, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Centro Galego de Arte Contemporánea.

b) Domicilio: rúa Valle Inclán, 2, 15704 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 66 14/981 54 66 15.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=245048.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: comenzará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural. Se o último día é inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax 981 54 66 33 no mesmo día.

2ª) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

b) Enderezo: r/ Valle Inclán, 2.

c) Localidade: 15703 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura do sobre B publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura