Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma das liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 21 de decembro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/164-1.
Entidade beneficiaria: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).
Denominación da instalación: reforma das liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira.
Concellos: Mesía e Oza-Cesuras.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
1 |
Mesía |
Herdeiros de Manuel García Barreiro |
3.1.2018 |
2 |
Oza-Cesuras |
Herdeiros de María Pardo Naveira |
3.1.2018 |
3 |
Oza-Cesuras |
Herdeiros de Manuel Pardo Naveira |
3.1.2018 |
4 |
Oza-Cesuras |
Herdeiros de Francisco Pardo Naveira |
3.1.2018 |
5 |
Oza-Cesuras |
Herdeiros de Francisco Pardo Naveira |
3.1.2018 |