Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obras consistente na rehabilitación dun edificio para dúas vivendas de promoción pública unifamiliares no barrio dos Muíños, números 26 e 28, en Mondoñedo Lugo. Expediente: LU-2014/CH 01.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para dúas vivendas de promoción pública unifamiliares no barrio dos Muíños, número 26 e número 28, en Mondoñedo (Lugo).

b) Prazo de execución: quince (15) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catrocentos vinte e tres mil trescentos corenta e cinco euros con oitenta e oito céntimos (423.345,88 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): corenta e dous mil trescentos trinta e catro euros con cincuenta e nove céntimos (42.334,59 €).

c) Importe total: catrocentos sesenta e cinco mil seiscentos oitenta euros con corenta e sete céntimos (465.680,47 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de novembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 18 de decembro de 2017.

c) Contratista: Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L.

d) Importe de adxudicación: trescentos sesenta e tres mil cincocentos vinte e sete euros con once céntimos (363.527,11 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obras consistente na reestruturación-ampliación dun edificio para cinco vivendas de promoción pública e un local comercial na rúa Tinería, número 15, Lugo. Expediente: LU-2016/CH 04.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reestruturación-ampliación dun edificio para cinco vivendas de promoción pública e un local comercial na rúa Tinería, número 15, Lugo.

b) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: setecentos corenta e un mil cento cincuenta e catro euros con oitenta e un céntimos (741.154,81 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): setenta e catro mil cento quince euros con corenta e oito céntimos (74.115,48 €).

c) Importe total: oitocentos quince mil douscentos setenta euros con vinte e nove céntimos (815.270,29 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de novembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 18 de decembro de 2017.

c) Contratista: Construcciones Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación: seiscentos trinta e cinco mil seiscentos oitenta e oito euros con corenta e oito céntimos (635.688,48 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo