Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se anuncia a formalización dun contrato de subministración dunha ferramenta informática de intelixencia empresarial (BI).

De conformidade co establecido no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, dáse conta da seguinte formalización de contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 17/63.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.consellodecontas.es/gl/menus-consello/consello/perfil-do-contratante.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dunha ferramenta de intelixencia empresarial ou BI (Business Intelligence). Licenzas, instalación e despregamento no contorno tecnolóxico, incluídas a migración da información cargada na ferramenta actualmente en uso e a formación de usuarios.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 48482000 –Paquetes de software de intelixencia empresarial e 72212482 –Servizos de desenvolvemento de software de intelixencia empresarial.

e) Medio de publicación do anuncio de contratación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de contratación: 20 de setembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 159.603 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 159.603 euros. IVE (21 %): 33.516,63 euros. Importe total: 193.119,63 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10 de novembro de 2017.

b) Data de formalización: 16 de novembro de 2017.

c) Contratista: Auren Consultores LCG, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 123.074,76 euros. Importe total: 148.920,46 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única proposición presentada, obtivo a máxima puntuación na aplicación dos criterios de valoración.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia