Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de decembro de 2017 pola que se notifica resolución sobre o recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución que decreta a caducidade de autorización de atracada nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Alberto Fernández Rodríguez, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación no domicilio, a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 22 de novembro de 2017, que acorda desestimar o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 13 de setembro de 2017, que decreta a caducidade da autorización de atracada número P06/010A das instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas e, en consecuencia, confirmar aquela en todos os seus termos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O interesado poderá comparecer na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5 A, 6º, de Santiago de Compostela, para o coñecemento do contido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia