Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación Barreiros, no concello de Barreiros (expediente 004/2016 AT).

Con data do 8 de novembro de 2017, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgan á empresa Viesgo Distribución Eléctrica, S.L., as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica E/S da LAT 132 kV Porzún-Mondoñedo na subestación de Barreiros (DOG do 30 de novembro de 2017), que afecta ao concello de Barreiros.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Barreiros, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 19 de xullo de 2017, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 24 de xullo de 2017 e no Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo de 2017, para que comparezan o día 12 de febreiro de 2018 no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Barreiros estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo), ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 29 de decembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Parcela nº

Ref. catastral

Paraxe

Concello

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Apoio

Voo

Pol. nº

Parc. nº

Nome, apelidos e enderezo

Superficie ocupada m2

Lonxitude ml

Superficie afectada m2

18

65

166

Lombo da Casa

Barreiros

Monte comunal San Cosme de Barreiros, 27790 Barreiros (Lugo)

Juan José Noceda Terrón

Avenida San Lucas, 47

27740 Mondoñedo

MA

 

 

90

2.718