Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de novembro de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02754-O-2017 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-02754-O-2017 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan a súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 30 de novembro de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02754-O-2017

C-5162-BP

Jorge Avelino Leis Porras

32826911T

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

12.7.2017; 11.21; DP2404; 0,6

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

XC-02756-O-2017

7024GGP

Felipe Gabriel Álvarez Samil

32793323S

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

21.7.2017; 9.40; N-550; 16,7

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros