Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1936

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Orde do 24 de agosto de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro).

O artigo 10 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/das aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A) que se publicou como anexo II na Orde do 24 de agosto de 2017 (DOG núm. 171, do 8 de setembro), xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición terceira desta orde, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de servizos centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 5,92 euros.

Terceiro. Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 26 de decembro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Acuña García, Rubén

Airas Vázquez, Bruno

Alba Padín, Rafael

Almon Muñoz, Antonio

Alonso González, Paolo

Álvarez Sabin, Iván

Arcos Gómez, Carlos Alberto

Arias Castro, Juan Antonio

Arranz Asenjo, Jonathan

Baloira Vejo, Damián

Barcia Paz, José Alberto

Besconsa Bastarreche, Blanca

Caballero Montoya, Rubén

Castro Cividanes, Brais

Castro Silva, José María

Cimadevila García, Borja

Couceiro Figueroa, Alejandro

Da Costa Santos, Ricardo

Domínguez Castro, Adrián

Dos Santos Marques, Alejandro

Escarabajal Conde, Javier

Fagín Nieto, Martín

Fernández Fernández, José Luis

Fernández López, Iván

Fernández Rodríguez, Olegario

Ferreiro Esteban, Luis Ángel

Fontán Martínez, Alberto

Fontán Omil, Francisco Javier

Gañete Mato, Antonio

García Martiña, Eladio

González González, Óscar

González González, Pascual

González Lorenzo, Juan Manuel

González Piñeiro, Lara

Hortas Liaño, Pablo

Iñiguez Sánchez, Tania

Jorge Alonso, Iván

Lago Gesteira, Rubén

López Carreira, Manuel

López Piñeiro, Iván

Martínez Abad, Flora María

Martínez Sánchez, Francisco R.

Mateo Navarro, Emilio José

Mosquera Gándara, Verónica

Moure Otero, Daniel

Naveiras Millos, Javier

Negreira Gómez, Julio Antolín

Novoa Ansia, Juan Daniel

Novoa Corzo, David

Noya Abilleira, Ángel

Ogando Muñiz, Andrés

Pampilon Coya, Roberto

Parada González, Óscar Daniel

Pereira Alonso, Fernanda

Pérez Piñeiro, José Enrique

Rodríguez Marcos, Julio

Rodríguez Mogio, Miguel

Román Fernández, Cristóbal

Romero López, Rodrigo

Trinidad Sánchez, Ismael

Valle Nieves, Julián

Varela Piñeiro, Abrahan

Vázquez Rodríguez, Manuel

Vila Rodríguez, Alba

Villar González, José Manuel