Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1933

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Orde do 24 de agosto de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro).

De acordo coas bases xerais para a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades, o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/das aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, axustada ao modelo normalizado que figura código PR473B na orde de convocatoria, xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición terceira desta orde, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de servizos centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 5,92 euros.

Terceiro. Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 26 de decembro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Alvarellos Toucedo, Francisco Javier

Area Vaamonde, Ricardo

Belay Marrero, Roberto

Calvo Santos, Juan Carlos

Carracedo Parga, Francisco Javier

Casal Millos, Rubén

Castillo González, Luis

Corredoira Andrés, Martín

De Sa Gondar, Mario

Díaz Coro, Daniel

Díaz Iglesias, Cristian

Diego Casas, Daniel

Dieste Aboy, Ángel Custodio

Domínguez Agulla, José Manuel

Durán Alonso, Jaime

Fiore, Marco

García Buceta, Francisco

Gayoso Fernández, Alberto Alexandre

González Barcia, Miguel Ángel

Hodelín González, Dennis

Lago Serafín, Carlos

López Pérez, Juan Manuel

Loureiro Durán, Joaquín

Malvar García, Francisco Javier

Martínez Ramos, Carlos Jesús

Monroy Míguez, Victorio José

Parada González, Iván

Pérez Moreno, Carlos Alberto

Ramilo Pérez, Elsa

Rey Portilla, Carlos

Roa García, Alejandro

Rodríguez Cao, Celso

Rodríguez Gásquez, José María

Rodríguez Puime, Pedro Pablo

Saavedra López, Sixto Luis

Soliño Gándara, Pablo

Varela Prado, José Antonio

Vázquez Salgado, Óscar