Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1940

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 7 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertido erro no dito extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro, cómpre efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 57798, antes do primeiro parágrafo, débese engadir o código identificativo da Base de datos nacional de subvencións, quedando do seguinte xeito:

«BDNS: (Identif.): 375866.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index): ...».