Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 2009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle en Baronzás.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de decembro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de iniciativa pública, elaborado en outubro de 2016 polo arquitecta Yolanda Blanco Ramos, de modificación das aliñacións nunha área delimitada no solo de núcleo rural de extensión de Baronzás deste municipio, e co que se pretende exclusivamente a modificación das aliñacións establecidas na ordenanza 13ª do PXOM de Xinzo de Limia para o solo de extensión de núcleo rural, aprobado inicialmente por acordo da Xunta de Goberno Local de data 20.3.2017, e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares daquel con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar o alcalde-presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e en xeral para todo o relacionado con este asunto.

Sexto. Notificar o presente acordo aos servizos técnicos municipais e ao concelleiro de Urbanismo para os efectos do seu coñecemento.

Recursos: contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer de xeito potestativo o recurso de reposición diante do mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á interposición, o órgano competente para resolvelo non dita e notifica resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo diante do xulgado contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de xeito expreso o recurso de reposición, contado a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto; todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselle tamén que poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente, así como exercer as accións que procedan diante da xurisdición competente.

Descrición do acordo:

1. Suprímese a aliñación oficial fixada a 3,00 m da liña de cerramento na fronte da parcela. No seu lugar, establécese un recuamento mínimo de 3,00 m respecto da liña de cerramento.

2. Suprímese tamén o fondo máximo edificable establecido en 14,00 m. Non tería sentido por tratarse dunha tipoloxía edificatoria de vivenda unifamiliar onde non se persigue a uniformidade.

3. Mantéñense os recuamentos exixibles a lindes laterais e posterior (3,00 m).

4. Non se modifican os parámetros xa establecidos de ocupación (25 %) e de edificabilidade (0,6 m2/m2).

Xinzo de Limia, 13 de decembro de 2017

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde