Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (573/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 573/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Montero Franqueira contra Rede Galega de Kioscos, S.L., Francisco José Vispo Peiteado, Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza de data do 5 de decembro de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do tenor literal seguinte:

«Sentenza nº 542/2017.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 573/2015, seguidos por instancia de Ricardo Montero Franqueira, asistido polo letrado Sr. Millán Calenti, contra Rede Galega de Kiosocos, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, Francisco José Vispo Peiteado como administrador concursal de Rede Galega de Kioscos, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e contra o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome do rei, dito a presente sentenza, sobre a base dos seguintes,

Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta por Ricardo Motero Franqueira contra Rede Galega de Kioscos, S.L., Francisco José Vispo Peitedado (administrador concursal) e Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 5.338,08 euros brutos (4.942,56 euros netos) polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e debo condenar e condeno a Francisco José Vispo Peiteado na súa soa condición de administrador concursal de Rede Galega de Kioscos, S.L., a estar e pasar pola devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non ten lugar á súa condena nesta instancia, debendo estarse ao que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días a contar desde o seguinte o da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rede Galega de Kioscos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza